“Sororidade Interxeracional”

Avóa axudandolle á neta a poñer as botas. Fotografía do proxecto Sororidade interxeracional. Sila Cela Ferreiro
neta e avóa na horta. Fotografía do proxecto Sororidade interxeracional. Sila Cela Ferreiro
neta e avóa na horta. Fotografía do proxecto Sororidade interxeracional. Sila Cela Ferreiro
neta e avóa sachando na horta. Fotografía do proxecto Sororidade interxeracional. Sila Cela Ferreiro
neta e avóa prantando tomates na horta. Fotografía do proxecto Sororidade interxeracional. Sila Cela Ferreiro

1º premio do concurso internacional de fotografía “Das Crises ás Alianzas” organizado por Implicadas no desenvolvemento.

“Sororidade Interxeracional” é unha serie de 5 fotografías, protagonizadas pola miña sobriña Icía e a miña avóa Josefa.

As fotos saqueinas en maio de 2013 na horta que os meus avós cultiban preto da centro de Lugo. Presentáronse acompañadas do seguinte texto:

“Que non son tempos sinxelos xa é un tópico. Un recurso que usamos tanto as afectadas como os que nos meteron, coa súa crise e as súas políticas nesta situación insostíbel. Cada vez máis perto do abismo.
Por iso é tan importante conservar as cousas das que podemos ser soberanas, aprender a coidar da terra, aínda que sexa no medio da cidade. Como fan as nosas avoas, fortalecendo ese vínculo interxeracional que fai que nós aprendamos delas e elas de nos.”