Serigrafía e estampas

Deseño

Sobre min

Non me gusta escribir, e menos sobre min, a pesar de todo nestes momentos adícome profesionalmente a escribir…
Nacín en Lugo (Galiza) fai 29 anos.

Gústanme a tortilla sen cebola e Los Planetas. Son temas que crean moita polémica e creo que é necesario aclaralos desde o principio.

Desde pequena o meu pai ensinoume a facer fotos, cunha Olympus OM20. Perdelos, primeiro a el e despois a súa cámara foron dous dos momentos máis tristes da miña vida.

Pero existen persoas marabillosas que axudan a recuperar lembranzas, mentres que día a día comparten outras novas.

Son incapaz de escoller entre o té e o café, nin entre cans e gatos. Interésanme a arte, a historia, a política, o deporte… Son curiosa pero tamén volúbel, así que podo pasar un día lendo sobre un tema e ao día seguinte esquecerme del. Son moi chorona, sobre todo coa ficción, tamén algo dramática.

Entrei nisto da serigrafía e da estampación por casualidade: Olalla convenceume, e aínda que ela marchou, eu quedei atrapada nas pantallas. Pasamos un verán xenial estampando na miña casa, aí sementamos Estudio Incierto.

Estou un pouco obsesionada coas tipografías, e fago algunha cousiña de deseño gráfico.

Nestes momentos tomo as miñas fotos dixitais cunha Canon 60D e as analóxicas cunha Pentax p30n ou (outra vez) cunha Olympus OM20.